Na biblioteca do noso IES este mes e mais parte do que vén, dedicaremos boa parte da actividade a divulgar materiais que temos como fondos e que son ESPECTACULARES.
Promoveremos que o alumnado se achegue a coñecelo e se anime a investigar.
Por outra banda, o noso fanzine científico xa está en marcha e confiamos en que nos quede un número ben xeitosiño. Agardamos a creatividade e o bo facer do noso alumnado.
Animamos tamén a participar no concurso que nos lanzan desde a Deputación da Coruña. Podedes intentalo desde as vosas contas persoais (familias) ou propias se tedes a idade para manexar as vosas propias redes sociais.
INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA #AsPalabrasDaCiencia
Parécenos unha boa iniciativa e desde o centro tamén pensaremos en algo!
Ademais,
nalgúns grupos xa se están levando a cabo charlas de concienciación
ambiental, que promovan que conservemos este paraíso no que vivimos e
este medio natural tan marabilloso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!