Este curso, alén das recomendacións lectoras que deixaremos por aquí, pensamos en deseñar os nosos propios libros soñados.
Todos e todas temos na cabeza unha historia, unha banda deseñada, un poemario... algo que leriamos sen dubidalo ou que editariamos de sermos unha editora.
Pois a iso iremos, o alumnado, durante estes días, deseñará ese libro e fará unha maqueta: a portada, a contraportada, a faixa, a biografía, o primeiro capítulo...Deste xeito, volveremos traballar os xéneros, as partes do libro, os inicios que nos poden enganchar á lectura, a combinación de imaxe e texto... Andaremos estes días traballando neles e deixaremos por aquí o resultado. Este curso lucirán como novidades as creacións máis xenuínas, froito das imaxinacións máis fecundas, as dos nosos rapaces e rapazas.
Oxalá vos guste moito o resultado, así como a actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!