Os grupos de 3ºESO estiveron traballando os textos instrutivos e ocorréusenos facer, aproveitando que podiamos traballar coordinados, unha botica optimista.
Ultimamente esta pandemia estanos deixando a todos e a todas algo tocados porque non podemos relacionarnos con normalidade, temos que tirar moito de redes, perdemos a calma en moitas ocasións, perdemos moitas das cousas divertidas que tiñamos no instituto: xuntarnos con outros grupos, extraescolares que nos deixasen saír fóra algúns días, obradoiros mixtos... e iso vaise notando no ánimo.Así que temos que buscar actividades, estratexias e métodos que nos fagan vivir o ano escolar con alegría e bo ánimo e disposición a pesar de todo, que é importante coidarnos entre todos.
A botica do optimismo non substitúe os afectos, pero nela podemos "adquirir" certos remedios para cousas tales como: soñar voluntariamente co que queremos, espertar o bo ánimo cando estamos baixiños, quitar a dor que nos dan as medras, alegrarnos se levamos un desengano, quedar sempre ben cando facemos traballos ou exames, reter con menos esforzo, ter unha boa autoestima que nos faga sentirnos mellor con nós mesmos...
Ao final, os prospectos destas menciñas ou remedios tan paveros saíron ben xeitosos e animaron bastante as clases durante as que traballamos nelas.
Esperamos que vos guste a exposición a todas e todos, irémola agrandando conforme os compañeiros e compañeiras vaian acabando os seus particulares remedios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!