domingo, 5 de maio de 2024

Actividades mes de maio

Exposicións:

Luísa Villalta.
 
Juana de Vega, do 15 ao 30 de maio. Fundación Juana de Vega. A Coruña. En colaboración coa concellaría de Educación e Cultura de Malpica. Inaugurarase hoxe ás 19 h. 
 
Recital poético:
Emma Pedreira. Venres, 10 de maio, ás 18 h na biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor en colaboración coa concellaría de Educación e Cultura de Malpica. 

Presentación: 
Luns, 21 de maio, ás 10.45 h. Do libro As crebas da memoria, de Olga Rodríguez, ex directora do CEIP Milladoiro.  Actividade proposta dende a Concellaría de Educación e Cultura de Malpica. 
 
Taller de formación:
Martes, 28 de maio, de 16 h a 20 h taller de radio "Manexo do Audactiy", do PFPP  "Polos creativos". Con Óscar e Fina do IES Maxmino Romero de Baio.

O martes 14 de maio acudirei a unha xornada de formación de asistencia obrigatoria en Santiago de Compostela de 10 h a 20 h sobre Clubs de lectura. Ogallá veña con ideas novas! 
 
Clubs de lectura:
1º ESO e 2º ESO: Melodía de palabras, de María Canosa. Luns, 13 de maio, ás 15 h. 
Familias: o cómic La memoria del olvido, de Paco Roca, ás 18 h. Luns, 27 de maio, ás 18 h. 

Club de xadrez: 

Luns, 13 de maio de 15 h a 16 h. 

 
Radio na biblio:
Creacións de pódcasts sobre Luísa Villalta. 

Falando cos do club de xadrez. 

Talking about books. 
 
Conmemoracións: 
17 de maio dedicado a Luísa Villalta.
 
Hora de ler: 
Día 8 - 1ª hora
Día 15 - 2ª hora
Día 22 - 3ª hora 
Día 29 - 4ª hora 









 

 

xoves, 2 de maio de 2024

Gañadoras e gañadores do concurso DÍA DO LIBRO

 

Grupos gañadores

LEMA

1º ciclo:

Carlota y Antón (1ºB)

Antía y Nagore (1ºB)


Alejandra (2ºA)

Antía (2ºA)



 

2º ciclo:

Noa Suárez e Mateo (3ºA)

 

OBRA DE TEATRO

1º ciclo:

María Rellán e Iker Veiga (2ºA)




2º ciclo:

Sara Trigo, Carla Trigo, Saray e Sabina (3ºB)



Noa, Andrea, Ainhoa (3ºA)

 

NOTICIA

1º ciclo:

Pablo Varela (2ºB)


ESCRITURA CREATIVA

1.  POE-RECORTES    

Obra: "Obras sintéticas"

Autoría: Grupo cúspide (3º ESO PDC)

 

2.  TACHISMO

Obra: "Interlunar"

    Grupo: Carla, Mónica, Adim, Carolina (3º ESO PDC)



mércores, 1 de maio de 2024

Juan Tallón, premio Novela Europea por Obra maestra

A novela Obra maestra de Juan Tallón acaba de gañar o XVII premio de Novela Europea convocado polo Casino de Santiago. Parabéns! 

Foi unha das lidas no club de familias do curso pasado, na que se narra a desaparición dunha escultura do artista norteamericano Richard Serra. Con todo, confesámonos máis admiradores da súa magnífica novela Rewind



Marjane Satrapi, Princesa de Asturias de Comunicación e das Artes 2024

Esta semana soubemos que a autora de Persépolis, Marjane Satrapi, foi recoñecida co premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades, por ser "unha voz esencial para a defensa dos dereitos humanos e a liberdade". 

Podedes pedir en préstamo Persépolis, obra na que conta a súa historia persoal e a de Irán, na que se busca un mundo máis xusto e integrador. 








Luis Mateo Díez, Premio Cervantes 2023

Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a novela La Fuente de la edad de Luis Mateo Díez, o Premio Cervantes 2023. 



Arantza Portabales, Premio Clubs de Lectura 2024

Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece á escritora Artantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23. 

Ata a actualidade recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022) e Manuel Núñez Singala (2023).

Na biblioteca temos Deixe a súa mensaxe despois do sinal, incluído na narrativa negra. 




Club de lectura de nais: Una madre de Diana Aradas

O luns 29, dentro das actividades do mes do libro, tivemos o encontro en liña con Diana Aradas, autora da novela Una madre, ás 18 h. 

Despois de ter varios libros de poesía premiados, debuta na novela coa súa primeira novela, recoñecida co XXXV Premio de narrativa breve da Universidade de Sevilla. 

Este libro xurda da escrita doutra novela da que se foi independizando. Diana Aradas comentounos que era unha homenaxe á súa sogra. De feito, a portada do libro pertenece ao seu arquivo persoal e nela vese a Silvina e ao seu fillo cunhas sombras. 

Valorámola moi positivamente no noso club, en especial, a poeticidade. A presenza do mar e das aves débense ás lecturas da autora que, como nos dixo neste encontro, xurdiron case dun xeito natural. 

Grazas por esta conversa connosco, Diana!