09 novembro 2023

Sesión de 3º de PDC na biblio

Hoxe veu o grupo de 3º de PDC con Clara, a profesora do ámbito sociolingüístico, para que botasen un vistazo nas novidades e en especial na banda deseñada, manga e cómic. Estiveron lendo os comezos e unha vez que decidiron as obras eles mesmos fixeron o seu autopréstamo coa supervisión do coordinador da biblioteca. 

Ogallá poidamos repetir pronto outra sesión así na biblio! 









Hoxe na radio

Hoxe baixamos á nosa minirradio a facer unhas prácticas de son. Nelas Sabina e Sara encargáronse dun conto de escrita orixinal con certo suspense, Mireia e Estrella recitaron uns poemas de Manuel María e Mateo, Teo e Roi para conmemorar o cadraxésimo aniversario do falecemento de Hergé dramatizaron unha secuencia de Os cigarros do faraón
















 

A maleta climática de CEIDA

Dentro das actividades da ciencia en galego pedimos a CEIDA unha maleta de temática medioamental titulada "A maleta climática". Estes fondos estarán nas aulas de 3º de PDC e 4º de ESO na estantería de "Hora de ler". 

Que verbas en galego coñeces para expresar o tempo? E en inglés? Revisaremos os fondos bibliográficos da nosa biblioteca relacionados co clima. E quen nos podería contar un conto relacionado con se quenta o sol, chove, arrecía ou hai Nordés? 








Novidades manga



    Aquí tedes unhas cantas novidades de manga-banda deseñada oriental que mercamos seguindo as vosas peticións de comezo de curso. Xa fostes moitos os que pasastes polo mostrador a pedilos en préstamo! Que continúe este ritmo de peticións! 

 

07 novembro 2023

Xadrez na biblio

Hoxe o alumnado de 1º estreou as pezas novas do xadrez. Será o noso reto descubrir imaxes nos textos ou verbas relacionadas con ese xogo milenario. Atopamos xa a primeira, unha no libro A historia de Sara de Francisco Castro. 

Lembrade pedir as pezas no mostrador para cando queirades xogar! 





Ten Altas Capacidades, dixeron
Así que aprendín a ler en dous días con papá
E leo libros que Roberto di que non son para a miña idade
E colecciono palabras que me agasalla papá
El aprendeume algunhas cono bidueiro, braña, cacarela, cardume, heptasílabo... e outras moitas máis

E logo, eu soa, aprendín a xogar ao xadrez, e xa lle gaño á aplicación do ordenador de Roberto 
Pero non falo

(Francisco Castro, A historia de Sara)





Tangram e versos

Comezou novembro e con el a semana da ciencia na biblioteca. Ao longo deste iremos publicando as actividades relacionadas co mundo das ciencias. 

O Tangram é un xogo milenario xinés co que se fan figuras. Hoxe Pablo, de 2º B, creoi dúas figuras e con elas dous versos que ben poderían ser cantados ao son dunha pandereta:

-Canta, meu galo, canta!

- Ai, meu dono, se eu che cantase! 

Canto un, 

canto dous,

conto tres. 





04 novembro 2023

Radio na biblio!

 A finais de outubro saiu a resolución provisional de Radio na biblio na que fomos seleccionados! Será unha boa plataforma para dar a coñecer o voso talento! 



Actividades novembro 2023

Aquí van as actividades programadas para novembro, mes da Ciencia en galego e do Día internacional contra a violencia de xénero. 

  1. Exposicións:
a. “Astrónomas”. Universidade de Vigo. CEIDA. DATAS: do 10 ao 25 de novembro.
b. “Compañeiras do mar e do ceo”. CEIDA. DATAS: do 7 ao 24 de novembro.
c. “Mulleres na Ciencia”. DATAS: do 15 ao 30 de novembro. Organismo: Exxperimenta en feminino da Universidade de Vigo.


  1. Maletas viaxeiras:
a. “Cambio climático”. CEIDA. DATAS: do 6 de novembro ao 5 de decembro.
b. "Banda deseñada Secundaria", procedente da asesoría de bibliotecas da Xunta de Galicia. DATAS: do 10 de novembro ao 8 de decembro.
c. "Poesía Secundaria", procedente da asesoría de bibliotecas da Xunta de Galicia. DATAS: do 10 de novembro ao 8 de decembro. 


  1. Encontro con…:

a. Alberto Mancebo, xornalista da TVG. Luns 13 de novembro ás 18.15 h na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica. Presentará a súa primeira novela O que me quedaba por dicirche, publicada en Xerais.
 
b. Manuel Rey, un dos coautores de Historias fascinantes da ciencia en Galicia, publicada en Edicións Embora. Luns, 27 de novembro, ás 15 h. Falará co alumnado do club de ciencias e dos clubs de lectura.
 
c. Héctor Pose, profesor da UDC. Luns, 27 de novembro, ás 18.15 h na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica. Centrarase na súa traxectoria literaria e na súa última novela A urna das cartas, publicada en edicións Hércules.

Colaboramos tamén coa biblioteca municipal de Coristanco, que presentará estes libros durante os meses de novembro e decembro. 

  1. Efeméredes:

a. Mes da Ciencia en galego. 
b. 25N, día internacional contra a violencia de xénero. “A muller na guerra”.
 
Nas horas de titoría poderíanse realizar varias actividades, visionado de curtametraxes, crear contidos sonoros ou ver algunha película, facer manualidades relacionadas coas dúas efeméredes.

  1. Clubs de lectura:

Este mes quero conmemorar na biblioteca o cadraxésimo aniversario do falecemento de Hergé así que leremos varios dos cómics de Tintín (grupos de tres ou catro alumnos, segundo os exemplares que teñamos na biblioteca) que reforzarán as lecturas elixidas no plan lector de 1º e 2º de ESO. 
 
DATA: 21/11/2023
Hora: de 11.15 h a 11.45 h.
 
O que me quedaba por dicirche, de Alberto Mancebo.
DATA: 13/11/2023
Hora: de 18 a 19 h.
 
A urna das cartas, de Héctor Pose.
DATA: 27/11/2023.
Hora: de 18 a 19 h.

  1. Clubs de ciencia e Tangram na biblioteca:

Durante varios recreos do mes faranse clubs de ciencias na biblioteca con experimentos. Esta actividade xurde da colaboración cos departamentos de Bioloxía, Xeoloxía e Física e Química.

Creación de figuras con Tangram. 

  1. Creación de podcasts:

a.“Talking about books” (alumnado de 1º e 2º ESO).

b. Ficción sonora “As aventuras de Tintín” (3º ESO).

c. “As astrónomas. Muller e ciencia” (3º ESO).

  1. Cinefórum

Xénero: Longametraxe de animación. Do cómic á pantalla. A finais de novembro, unha vez superado o periodo de exames: 
 
Tintín no espazo e Obxectivo a Lúa (1º e 2º de ESO) durante dúas sesións de Lingua castelá e literatura.
 
Tintín e o segredo do unicornio (3º ESO) durante dúas sesións de Lingua castelá e literatura.

  1.  Hora de ler

Día 8 - 5ª hora
Día 15- 6ª hora
Día 22 - 1ª hora
Día 29 - 2ª hora






Samaín en cores

 Na última semana de outubro e na primeira de novembro celebramos o Samaín na biblioteca. Ademais da decoración, temos recomendacións lectoras e gravacións sonoras. 

Actividades da biblioteca en novembro (escoita aquí o pódcast)

Recomendacións lectoras (escóitaas aquí).