Onte martes 24 de outubro, día das bibliotecas, Francisco Castro tivo o encontro co noso alumnado. Falou da súa extensa
traxectoria literaria de case 35 anos. Deu unhas pinceladas de cada novela, nas que inspirou nun feito da realidade.
Centrándose en especial en A historia de
Sara, texto acompañado dos debuxos de Luz Berroso, reivindicou o papel das
bibliotecas así como a necesidade dunha escrita comprometida coas causas que o
requiran como é o maltrato infantil.
Falou tamén do xa considerado clásico Chamádeme Sinbad, libro do 2009
que, catorce anos despois, segue funcionando á perfección en diferentes países
e idiomas. Escribiuno cando a súa nai comezou a padecer o Alzheimer. Como
moitas veces, escribe desde a ferida. Aínda recoñecendo a súa faceta de
escritor, declarou que el realmente quería ser músico.
Respondeu moi amablemente ás nosas preguntas, entre outras, as que se lle
fixeron sobre O corazón da branca de neve, novela que lemos no noso club
de nais.
En vésperas do seu
propio aniversario recoñece que lle fai moita ilusión a presentación do seu
primeiro disco.