Para os días antes das vacacións quixemos facer unhas sesións máis relaxadas de clases e fixémolas na biblioteca. Como nos imos adentrar no mundo de Agatha Christie durante a terceira avaliación co alumnado de 1º de ESO, quixemos ver Asesinato en el Orient Express. Curiosamente, ao rematar a primeira sesión, estabades pedindo emprestada a novela.
02 abril 2023
Sesión de cine
29 marzo 2023
Encontro con Ana Cabaleiro
O luns 27 de marzo, día mundial do teatro, tivemos o encontro con Ana Cabaleiro na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica, quen nos falou da súa traxectoria como escritora pasando do relato curto cos título Sapos e sereas e "Unha semana á espera de Godot" ata o da novela con obras como As ramonas e Deixádenos remar.
As ramonas foi o primeiro libro que lemos no club de lectura de familias deste curso e grazas á Asociación de autoras e autores galegos puidemos contactar con Ana Cabaleiro, quen se mostrou xenerosa dende o comezo. Isto favoreceu un encontro multicentros na nosa contorna e na que participou moita xente, entre eles, o club de lectura Clarión de Carballo.
Club de lectura
Cadeiras de cores
Como puidestes ir comprobando estamos cambiando as cadeiras negras da biblioteca por outras de cores, máis lixeiras, funcionais, operativas e, claro, tamén máis fermosas. Isto pode facerse grazas á partida do PLAMBE para mobiliario, importe que dedicamos integramente este curso ás vinte e unha cadeiras que mercamos. Alégranos moito saber que son do voso agrado e que vos resulten tan cómodas!
14 marzo 2023
Curso de formación MEIGA
Onte luns, día 13 de marzo, tivemos o curso de formación "Manexo de MEIGA", impartido por Begoña López Soto, a coordinadora da biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda. Queremos agradecerlle as súas explicacións tan valiosas así como os consellos tan útiles que nos deu.
Exposición "Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura"
Dentro
das celebracións do 8M trouxemos a exposición itinerante “Elvira López Mourín,
unha enfermeira de altura”, que veu directamente desde a Deputación de Lugo, onde o 8
de marzo se presentou tamén o libro. Queremos agradecerlle a Isidoro Rodríguez,
o presidente do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, por atendernos sempre
tan amablemente.
Elvira
López Mourín, natural de Láncara, foi unha muller de orixe humilde, que chega a
Madrid, onde en 1918 forma parte da primeira promoción de enfermeiras
profesionais da Cruz Vermella xunto a outras catro compañeiras. O 1 de novembro
de 1922 participa de forma voluntaria no primeiro vó en misión sanitaria da
aviación española, realizada durante o conflito bélico do Rif.
07 marzo 2023
Club de lectura
O luns 6 de marzo tivemos o club que tanto nos levades pedindo desde que comezamos o curso, o de Stranger Things. Para iso tivemos que incorporar varios títulos novos á nosa biblioteca. Valorastes moi positivamente a escritura das bandas deseñadas así como a calidade dos debuxos. Despois, intercambiastes as vosas opinións na nosa estación de radio. Deica o vindeiro club!



.jpg)
.jpg)
.jpg)












































