luns, 25 de novembro de 2024

25 N: actividade no centro para traballar a conciencia da igualdade e contra a violencia

 

 

Para reivindicar o día contra a violencia de xénero, fixemos estas pulseiras, que levan o lema traballado nas distintas titorías. Estos son os escollidos polas distintas clases: 

1ESO A: Faite ver

1ESO B: Non é non

2ESO: Non todo vale

3ESO: Es por mí es por tod@s

4ESO A: Quero vivir sen medo

4ESO B: 25N Por unha loita con final

4PDC: Por un mundo sen medo

Outras actividades que levaremos a cabo serán a charla coa escritora  Arantza Portabales.

Os contos para a igualdade de Caxoto, que chega ao noso centro grazas á actuación da ANPA, que sempre está aí como parte activa da comunidade educativa.

E tamén poderemos visitar a exposición que recolle o traballo levado a cabo polas profesoras dos proxectos competenciais (Rocío Romar e Rosa Mª Torreira) e de oratoria (Soraya Varela) sobre as redeiras. Este consiste en dar visibilidade ao traballo efectuado polas mulleres da pesca. O material que temos á vista foinos cedido pola asociación Nacional das mulleres da Pesca (Anmupesca). Animámosvos a visitar a exposición no primeiro andar, no corredor da biblioteca.




 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!