Este ano 2022 queremos propoñer un
reto lector para toda a comunidade educativa. Non só nos servirá para ampliar horizontes lectores, senón tamén para conseguir algún premio a aqueles lectores e lectoras que o leven a cabo. Para premiar os nosos usuarios e usuarias, á parte de ensinarlles esas novas lecturas nas que, doutro xeito talvez nin reparasen, teremos uns agasallos preparados para premiar o seu esforzo.
O reto é o seguinte: cada mes terás que afrontar a lectura que se propón (poesía, teatro, biografía, novela, relato curto...), escollendo na biblio algo ou traendo da propia casa.
Unha vez lido, haberá que cubrir unha pequeniña folla de control (entregarase a quen queira participar) e ao final, o dito, repartición de premios!
Animámosvos encarecidamente!
|
folla de rexistro para o reto |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!