Club de lectura: Os vellos non deben de namorarse
O alumnado de 4º de PDC tiveron a súa sesión do club de lectura esta semana. Os vellos non deben namorarse
de Castelao, todo un clásico da literatura galega do s. XX, que
mergulla no conflito entre os desexos humanos e as expectativas sociais.
A través da historia de amor entre tres anciáns e tres rapazas explora
os prexuízos sobre a vellez e como a sociedade tende a rexeitar a idea
de que os maiores tamén teñen dereito a sentir e amar. Castelao usa a
ironía e a crítica social para mostrar a hipocrisía das normas que
limitan a liberdade emocional das persoas maiores.
19 marzo 2025
07 marzo 2025
8 MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e SEMANA DA PRENSA
28 febreiro 2025
20 febreiro 2025
18 febreiro 2025
ENTROIDO NO LUGRÍS
O Entroido xa está asomando e por aquí temos algunha idea para festexalo. É unha tradición moi nosa e que non queremos que se perda, así que, á parte de todo o que xa organiza o noso concello, imos ir comezando a semana antes a quecer motores.
Aquí vai a proposta de mandadiños do meco para a semana do 24 ao 28:
E velaquí a proposta para a última xornada antes de marchar correr o Entroido por aí abaixo.
11 febreiro 2025

03 febreiro 2025
30 xaneiro 2025
30 de xaneiro: día internacional da non violencia e da paz
Para celebrar este día, cada titoría fixo as pombas que logo Soraya Varela, profesora de LC e de oratoria uniu cun fiou de lá e logo coa axuda da coordinadora da biblio colgaron na entrada do centro escolar.
No recreo, leuse un manifesto realizado en oratoria polo alumnado de 3ESO e cantouse a canción de Carlos Vives Color esperanza.
Parabéns a tod@s polo traballo realizado!!
Ademais, desde a Radio Area Maior quixemos facer a nosa aportación coa creación de cinco podcasts:
b) Algúns dos tratados de paz máis importantes.
https://drive.usercontent.google.com/download?id=1ZWm42mH-x45LAtyKCz3nbdHkU1Pg5RyY&export=download&authuser=0
c) Recitado de poemas en galego.
d) Recitado de poemas en castelán.
https://drive.usercontent.google.com/download?id=1waeq0glY5anp1u4EcfSxhcVvnLpt4lTm&export=download
https://drive.usercontent.google.com/download?id=1RN_kHT7vZUQDIsMogB0FPRFX92qBtHqH&export=download&authuser=0
27 xaneiro 2025
13 xaneiro 2025
Presentamos as portas,con esta montaxe realizada polo director do centro.
As portas gañadoras foron : 4PDC, 1ESO A e 1ESO B 4PDC
1ESO A
1ESO B
Parabéns a tod@s polo traballo realizado!!
A continuación, o alumnado de 3ESO e 4ESO bailo e houbo pezas musicais, tocadas coa flauta por parte do laumnado de 2, 3 e 4ESO. Para concluir, todo o centro, alumnado e profesorado , cantou unha panxoliña.
Foi un día ben bonito!!
































.png)








