luns, 6 de outubro de 2025

A REGUEIFA, TAMÉN É PARTE DA NOSA IDENTIDADE

luns día 20 a regueifeira bergantiñá Lupe Góme impartirá un obradoiro financiado polo Concello de Malpica e de aí confiamos en sacar bos regueifeiros e boas regueifeiras para participar este curso, xunto con outros institutos da Costa da Morte na Liga de Regueifa. O equipo de dinamización, xunto co equipo de biblioteca e co profesorado que queira implicarse, embarcarémonos nesta nova aventura regueifeira porque... que non se diga que aquí non hai material humano para facelo MOI BEN!

Como o vedes, pensades que estades listos e listas para esas pelexas de galos elevadas ao máximo nivel?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!