O xoves 27 de abril fixemos historia pois fomos o primeiro instituto galego en recibir a Elisa Delibes, presidenta da Fundación Miguel Delibes. O primeiro foi concerderlle o agasallo da vista das illas Sisargas ante o que quedou abraiada. Despois percorreu a exposición e comentounos que habitualmente os institutos só piden as láminas de El camino e que moi poucos a exposición completa.
Despois de estar connosco foi ao centro cívico de Cabana de Bergantiños onde a esperaba todo o alumnado da ESO do CPI As Revoltas e os estudantes de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Alí uns alumnos e alumnas fixéronlle lecturas dramatizadas de El camino, Los santos inocentes e El hereje, entre outras obras.
Fran Rodríguez e Patricia Blanco fixéronlle unha entrevista que publicaron na Voz de Galicia pero a nivel autonómico na sección de Cultura. Traballaremos con ela nas aulas nos vindeiros días. Tamén Marta Villar en La Opinión deu conta da exposición e da visita da presidenta de Fundación Miguel Delibes.
Dificilmente esqueceremos este 27 de abril! Grazas, Elisa, pola túa humildade, cercanía e bondade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!