O luns 6 de febreiro tivemos o noso club de lectura coas alumnas de 1º de ESO. Dentro da nosa operación de rescate quixemos recuperar unha das novelas de ambientación histórica escritas por María Isabel Molina: De Victoria para Alejandra. Valoramos positivamente esa loita da protagonista por atoparse entre dous mundos tan diferentes. Deunos tempo a deseñar unha cartoliña coas palabras chave, baixar á radio e intercambiar as nosas opinións.
Animámosvos a participar no club así como a ler outras novelas históricas desta autora, pois ten a virtude de transmitir a maxia de certos episodios históricos universais.
luns, 6 de febreiro de 2023
Club de lectura
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!