luns, 25 de novembro de 2024

25 N: actividade no centro para traballar a conciencia da igualdade e contra a violencia

 

 

Para reivindicar o día contra a violencia de xénero, fixemos estas pulseiras, que levan o lema traballado nas distintas titorías. Estos son os escollidos polas distintas clases: 

1ESO A: Faite ver

1ESO B: Non é non

2ESO: Non todo vale

3ESO: Es por mí es por tod@s

4ESO A: Quero vivir sen medo

4ESO B: 25N Por unha loita con final

4PDC: Por un mundo sen medo

Outras actividades que levaremos a cabo serán a charla coa escritora  Arantza Portabales.

Os contos para a igualdade de Caxoto, que chega ao noso centro grazas á actuación da ANPA, que sempre está aí como parte activa da comunidade educativa.

E tamén poderemos visitar a exposición que recolle o traballo levado a cabo polas profesoras dos proxectos competenciais (Rocío Romar e Rosa Mª Torreira) e de oratoria (Soraya Varela) sobre as redeiras. Este consiste en dar visibilidade ao traballo efectuado polas mulleres da pesca. O material que temos á vista foinos cedido pola asociación Nacional das mulleres da Pesca (Anmupesca). Animámosvos a visitar a exposición no primeiro andar, no corredor da biblioteca.




 


 

venres, 22 de novembro de 2024

O MES DA CIENCIA

 Para dar visibilidade o mes da ciencia, decoramos  a biblioteca para o evento e grazas a colaboración da profesora de física e química, Alba Lorenzo, nos recreos, fixemos experimentos sinxelos alí.



 Damos a grazas a todos os participantes polo ben que saíu a experiencia. Parabéns a todos!!




mércores, 20 de novembro de 2024

Concurso das portas para o Nadal:

O concurso de portas decoradas está en marcha e esperamos que haxa unha participación que mostre o bo facer do alumnado. Adiante coa creatividade!

  

martes, 19 de novembro de 2024

Entrega dos dous premios de microrelatos

As premiadas son María Rellán Mato de 3ESO e Angélica Anahi Vidal Guel de 1ESO B.

 
Parabéns ás dúas polo voso traballo!


Recordamos aquí as bases do concurso:


venres, 15 de novembro de 2024

Club de lectura: Cousas, de Castelao

Hoxe venres tivemos o noso club de lectura co alumnado de 4º de PDC no que parolamos sobre un clásico, Cousas de Castelao. Este conxunto de corenta e cinco relatos curtos acompañaban a cadanseu debuxo teñen unha gran forza porque fan do diario e sinxelo unha arma contra as adversidades da Galicia da posguerra. 

Na biblioteca tivemos a ocasión de ver e analizar Cousas da vida, unha serie de debuxos cun breve texto a rodapé, que publicou a partir de 1924 nas portadas de Galicia e Faro de Vigo. 













mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN no noso centro

 

 Para o Samaín, 

decoramos a biblioteca e tamén o instituto: corredores, ventás, escaleiras, portas, ...

Ademais, o alumnado de 1ESO e de 2ESO coa axuda da profesora de galego, Rocío Romar e da coordinadora da biblio, fixeron un xincana por todo o instituto, facendo que o resto do alumnado e profesorado tiveran que buscar os microrelatos para lelos e premialos.

A verdade é que a actividade resultou moi divertida e gustou moito a todo o mundo!!

Parabéns a todos!

Desde a biblioteca e en colaboración con dinamización da lingua galega, realizouse unha lista de películas como suxerencias para o Samaín.




Xincana de microrelatos:

























Club de lectura: A parte dos anxos de Emma Pedreira

Esta semana tivemos a nosa primeira sesión de club de lectura co alumnado de 4º de PDC na que valoramos moi positivamente o conxunto de relatos A parte dos anxos, de Emma Pedreira, con ilustracións de Carlos Lago, moi acaecido para estas datas de Samaín-Defuntos. 


Ademais, ao fío das historias creamos a nosa propia historia en grupos de dous ou de tres inspirándonos nas imaxes de Carlos Lago.