mércores, 20 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO E DA ROSA

 Hoxe comezamos coa celebración do Día do Libro, ou máis ben coa Semana do Libro. Os libros da sección de poesía precisamente non son os máis prestados e para iso imos procurar o motivo da rosa neles. Veredes todo o rendemento que tivo na poesía de todos os tempos! Ao longo desta semana e da seguinte iremos informando dos recitais, da lectura dalgunhas pasaxes do Quixote e das actividades na nosa biblioteca. Aló imos!

















  
  
 

 





    Hoxe mesmo incorporamos dous títulos ao noso fondo: a antoloxía ilustrada de poesía Dicen que no hablan las plantas e unha versión adaptada en forma de novela gráfica de Nada, de Carmen Laforet. 
































Eres tan alta como una torree, 

una torre en el mes de abril, 

cuando los pájaros cantan 

y las flores salen por fin. 

¿Será que la primavera 

ya ha llegado al Urbano Lugrís? 


(Mireia Couto, 1º B)


La medusa es como el cristal, 

transparente como el viento 

y todos los movimientos 

los siento como un niño igual. 


(Mateo Trigo, 1º B)



venres, 8 de abril de 2022

Textos teatrais gañadores

Algúns dos premiados

(Con redobre de tambores e tembrar de panderetas...) 

E o alumnado gañador dos textos teatrais é: 

1º A: Andrea Vila Amado

1º B: O grupo de Teo Blanco Trigo

2º A: Eva Blanco Ferreiro

2º A: Noa Varela Cambre

4º B: Manuel Rellán Mato e Raúl Pérez

Grazas por participar e parabéns aos todos vós! 







mércores, 6 de abril de 2022

CAZATESOUROS TEATREIRO - GAÑADORES E GAÑADORAS


Xa resolvemos o Cazatesouros teatreiro e todos e todas o fixestes moi ben, pero, coma sempre, tivemos que premiar o mellor do mellor.

Os gañadores por nivel son:

Alicia Facal, de 1º A

Paula Añón e Paula Vidal de 3º B

Daniel Fariña de 4º B

Moitas grazas pola vosa participación, alégranos ver que as pequenas actividades poden formar parte do voso día a día. O venres na hora do recreo entregarémosvos os premios, polo que alí nos vemos.

O xurado corrector
Sen erro e en tempo!


venres, 1 de abril de 2022

E CELEBRAMOS A SEMANA DO TEATRO!

    Como este ano o Día Mundial do Teatro caeu en domingo, estivemos de teatreiros esta semana. Desculpen, vostedes, a demora! Como vos anticipamos, esta foi a semana do teatro no IES Urbano Lugrís! Boa parte das clases de Lingua galega, Lingua castelá e o club de lectura impartímolos na biblioteca! Grazas a toda a comunidade do centro por facer isto posible! A partir da semana que vén daremos a coñecer o alumnado gañador do noso concurso de micropezas teatrais! 

 





    Onte día 4 de abril tivemos, dentro da “Semana do Teatro” na biblioteca Manuel María, o noso club de lectura, dedicada nesta ocasión á figura de García Lorca. Aínda que nos centramos na obra Yerma, tamén puidemos intercambiar opinións sobre outras pezas dramáticas posteriores inspiradas na produción do xenial dramaturgo.