Esta semana na nosa biblio celebraremos a semana do teatro, con actividades
nas que vos animamos a participar encarecidamente.
Á parte de que que poderedes atopar unha mostra representativa do teatro,
tanto pezas moi coñecidas do teatro universal, coma outras menos recoñecidas do
panorama xuvenil.
Algunhas das actividades que promoveremos son:
1. * Cazatesouros na biblioteca. Haberá
dous cuestionarios a partir dos lemas e das obras de teatro dispoñibles no
expositor: un será para o primeiro ciclo da ESO (1º e 2º ESO) e outro para (3º
e 4º). No caso de empate terase en conta o entregado en primeiro lugar (cómpre
encher unha folla co nome e curso).
Realizarase na biblioteca durante o recreo nas seguintes datas:
Xoves, 31 de marzo (1º
e 2º ESO)
Venres, 1 de abril (3º e 4º ESO)
2. * O teu lema favorito. Elixiremos un
lema gañador dos expostos na biblioteca. Haberá unha caixa na biblioteca onde
poderedes depositar o voso voto.
Data límite: venres, 1 de abril.
3. * Unha peciña teatral. Poderás
participar no concurso cunha peciña cun máximo de duascentas palabras.
Participarase cun sistema de plicas e con pseudónimo. O xurado elixirá a mellor
obra por cada ciclo diploma e cun agasallo. (O premio poderase considerar
deserto se os textos non alcanzasen a calidade suficiente).
Data límite de entrega: martes, 5 de abril. A peza gañadora anunciarase no
blog da biblioteca o mércores, 6 de abril.
Ademais, durante algunhas sesións nas clases realizaranse lecturas
dramatizadas e achegarase ao alumnado nocións sobre o teatro.
Longa vida ao espectáculo!