28 xaneiro 2023

Exposición sobre Valle-Inclán

Desde o mércores 25 de xaneiro ata o 15 de febreiro poderedes gozar da exposición "Outros verbos, novas lecturas. Valle-Inclán traducido (1906-1936)" do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela), que comeza o recorrido por varios centros educativos da Costa da Morte. Malpica incorpórase a un longo listado polos que xa estivo esta exposición itinerante (Buenos Aires, Roma, Barcelona, Madrid...). 

Grazas ao equipo de voluntarias e voluntarios da biblioteca e a todos os que axudastes a carrexar os paneis e montalos sobre as estruturas de madeira. Vaia tamén o noso agradecemento para Clara, profesora do departamento de Tecnoloxía, pola súa axuda na loxística de montaxe. 

Os alumnos e alumnas de segundo da ESO crearon a partir da exposición poemas e debuxos inspirándose na figura do autor galego. 

Dentro das novas adquisicións, incorporamos unha banda deseñada na que se recolle a biografía de Valle-Inclán. 
































Club de lectura

O luns 23 de xaneiro tivemos o noso primeiro club de lectura do segundo trimestre co  alumnado de 1° da ESO. Compartimos as nosas reflexións sobre a novela Cicuta para dous de Rocío Leira, unha obra que mestura a intriga e a filosofía, e que foi a gañadora do XIV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, de Editorial Xerais. 

A trama sitúase en Santiago de Compostela e ten como protagonista a Erundino Terrón, quen conta coa axuda da súa secretaria, Irma...

Salientamos a aprendizaxe de filosofía clásica que hai nela a través da trama detectivesca. A partir de aí comezan as investigacións dunha trama ambientada en Santiago de Compostela e que ten como protagonista a Erundino Terrón, que conta coa axuda da súa secretaria, Irma.



O luns 30 teremos o de familias centrado na novela Obra maestra de Juan Tallón.

19 decembro 2022

Clubs de lectura


Hoxe luns, 19 de decembro, tivemos dous clubs de lectura na nosa biblioteca. 

De 15 a 16 h houbo o club de lectura cos alumnos e alumnas de 1º de ESO centrado na novela Chámame Simbad, de Francisco Castro, e de 18 a 19 h tivemos o club de lectura de familias e nesta ocasión intercambiáronse opinións sobre a novela Unha árbore, un adeus, de Marina Mayoral. 

Grazas a todoas e todos por participar!








18 decembro 2022

Parabéns a Alma e Daniela!

Alma Schurink e Daniela Varela, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura de Malpica.

Recibiron os agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro o venres 16 de decembro durante o recreo. 

Parabéns pola vosa creatividade! 




13 decembro 2022

Radio Faro

Onte luns, 12 de decembro, tivemos a segunda sesión de formación con Rosalía Fernández Rial, centrada nesta ocasión nos deportes. Para iso, inspirámonos en dúas pezas dramáticas, Esta noche, gran velada! de Fermín Cabal, unha comedia ambientada no mundo do boxeo e en O bululú do linier, de Cándido Pazó. Aprendemos ademais a manexar o Audacity ao engadirlle efectos ás gravacións obtidas da BBC. Moitas grazas, Rosalía, ao alumnado e profesorado! 






 

Experimientamos na biblio

O mércores 7 de decembro experimentamos con Natalia como observar as fibras do ADN a partir de guisantes e tomate. Despois de remexer cada sustancia nun morteiro engadímoslles alcohol e puidemos apreciar como se ían formando fíños brancos. 












 

27 novembro 2022

Talking about books

Desde o Departamento de Inglés, Sandra Ramilo traballou co seu alumnado a maneria de expresar a súa opinión sobre libros. De momento, gravouse cun celular pero confiamos en que en breve o poidamos facer empregando xa os micrófonos e os auriculares da nosa miniestación de radio. Parabéns por este traballo e polo voso inglés ben pronunciado! Well done you! 

So, here are your chats talking about books! Laura and María chose Stranger Things. 



Pablo, Alejandro, from 1º B, and Carla and Mariña, from 2º B, talked about Harry Potter.




Denise and Carol, from 2º A, express their opinion about Invisible, by Eloy Moreno. 



Fátima and Noa had a quick chat about Nubes de evolución by Andrea Maceiras.

And finally Saray and Sara has expressed their opinion of the manga One Piece written by Eiichiro Oda.








 

24 novembro 2022

25 N


 















    Ademais destes textos poéticos, poderás escoitar unhas conversas en inglés, inspiradas nos elementos da exposición. 







21 novembro 2022

Inma López Silva: "As Rosalías no teatro galego".

O xoves 17 de novembro gozamos da presenza de Inma López Silva, profesora na ESAD en Vigo, poeta, novelista e ensaísta, na nosa biblioteca. Abordou á faceta menos coñecida de Rosalía, a de actriz e música, pasando a reflexionar sobre a peza dramática homónima de Otero Pedrayo e as dúas versións escénicas que delas fixo Roberto Vidal Bolaño co Centro Dramático Galego. Para adornar o encontro tivemos un cartaz que nos prestou Paco, da editorial Positivas. Vaia o noso agradecemento aos dous. 

Como lembranza deste encontro quédanos tres exemplares firmados da autora: Concubina
Chámame señora pero trátame coma un señor e O libro da filla.

Esta actividade inclúese no programa "¿Por qué leer a los clásicos?" do Ministerio de Educación e Cultura.