Guion de radio
Sara Mato Loureiro, Saray Veiga
Dourado, Sara Trigo Rodríguez e Carla Trigo Rodríguez 3ºB
FÚTBOL FEMININO
Sara.T: Ola a todos, son Sara Trigo e hoxe
estamos aquí con Saray, Carla e Sara Mato. Mañá, 8 de marzo, celébrase o día da
muller traballadora. Que significa para vos o 8M?
Saray: Pois para min o 8M é un día no que se
reivindica a muller en todos os seus aspectos, e se recorda todo o que tivo que
pasar ata hoxe para poder ser aceptada nesta sociedade, tanto polo traballo,
como polo soldo, ou mesmamente polo deporte. Ainda así, actualmente ainda se segue loitando buscando a igualdade
total entre homes e mulleres.
Carla: Desde o meu punto de vista, o 8M é a
conmemoración da loita das mulleres para lograr a súa participación activa na
sociedade e a igualdade co home. Ademais, é un día para destacar a importancia
das mulleres en todos os entornos e protexer os seus dereitos. Asúmese que a
muller debe ter un rol principal de esposa e nai, por enriba das súas
aspiracións profesionais, personais e a falta de recoñecemento no ámbito
deportivo, especialmente na práctica do fútbol.
Sara Mato: Eu penso que o 8M é un día celebrado
anualmente que conmemora o avance da muller, defendendo os dereitos humanos, a xustiza e a igualdade. Tamén é un día
para recordar ás máis de 120 mulleres asesinadas pola policía tras manifestarse
pola desigualdade salarial na industria textil no s.XIX, e tamén seguir
loitando polo progreso da igualdade de xénero tanto no salario, no deporte e
nas oportunidades.
Sara Trigo: Ben dito! Estamos dacordo en que as
mulleres avanzamos moito nos nosos dereitos pero aínda non somos totalmente
aceptadas en todos os ámbitos da sociedade e moitas veces somos menosprezadas.
Un deses aspectos é o deporte, e dentro deste, o fútbol. Que pensades do futbol
feminino? Credes que se avanzou?
Carla: Sobre as mulleres no fútbol penso
que se avanzou moito con respecto a hai algúns anos, pero que aínda queda un
longo camiño para conseguir o mesmo recoñecemento. Creo que este 8M tamén é
para celebrar o grande esforzo de todas aquelas mulleres que levaron o fútbol
feminino ata onde está hoxe en día.
Sara Mato: Eu diría que se avanzou bastante
estes últimos anos, xa que antigamente, que unha muller xógase fútbol era
considerado demasiado agresivo para unha, chegando a chamalas ‘marimachos’ o
outros insultos por realizar un deporte que existe dende moitos anos atrás. Con
todo, actualmente, aínda queda moito que avanzar, xa que polo normal, dáselle
máis importancia ás categorias masculinas que as femininas. Isto supón que os
entrenamentos sexan distintos, o que xa supón unha falta de igualdade, e se se
dedican profesionalmente, probablemente reciban un soldo menor que a dos homes.
Saray: Na miña opinión actualmente as
mulleres conseguiron ser algo máis aceptadas no deporte, como ben dis ti, no
fútbol, pero ainda non acadaron o mesmo ou parecido público ca os homes. O
fútbol feminino entrou con forza, sobre todo estes últimos anos, aínda que se
lles segue poñendo obstáculos impedíndolle o seu avance, aínda que pouco a
pouco o van conseguindo.
Sara: Moitas grazas por compartir convosco
a vosa opinión sobre un tema tan importante e grazas a vós por escoitarnos.
Feliz día da muller!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!