22 decembro 2022
19 decembro 2022
Clubs de lectura
Hoxe luns, 19 de decembro, tivemos dous clubs de lectura na nosa biblioteca.
De 15 a 16 h houbo o club de lectura cos alumnos e alumnas de 1º de ESO centrado na novela Chámame Simbad, de Francisco Castro, e de 18 a 19 h tivemos o club de lectura de familias e nesta ocasión intercambiáronse opinións sobre a novela Unha árbore, un adeus, de Marina Mayoral.
Grazas a todoas e todos por participar!
18 decembro 2022
Parabéns a Alma e Daniela!
Alma Schurink e Daniela Varela, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura de Malpica.
Recibiron os agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro o venres 16 de decembro durante o recreo.
Parabéns pola vosa creatividade!
13 decembro 2022
Radio Faro
Experimientamos na biblio
27 novembro 2022
Talking about books
24 novembro 2022
25 N
21 novembro 2022
Inma López Silva: "As Rosalías no teatro galego".
O xoves 17 de novembro gozamos da presenza de Inma López Silva, profesora na ESAD en Vigo, poeta, novelista e ensaísta, na nosa biblioteca. Abordou á faceta menos coñecida de Rosalía, a de actriz e música, pasando a reflexionar sobre a peza dramática homónima de Otero Pedrayo e as dúas versións escénicas que delas fixo Roberto Vidal Bolaño co Centro Dramático Galego. Para adornar o encontro tivemos un cartaz que nos prestou Paco, da editorial Positivas. Vaia o noso agradecemento aos dous.
15 novembro 2022
Experimentos na biblio
O martes 15 de novembro tivemos na biblioteca un pequeno laboratorio con dous experimentos, un dos actos para conmemorar o mes da ciencia. Marcos, Irene e Alba demostráronos e explicáronos como se consegue o campo magnético que move unha rosa dos ventos e como se consegue a división cromática. Canto aprendemos!
13 novembro 2022
Sesión de formación: radio na biblio
O luns 14 de novembro teremos a primeira sesión do seminario de formación do alumnado e profesorado. Centrarémonos na creación de contidos para a radio e nesta ocasión acompañaranos a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial, do CPI Cabana de Bergantiños. Será unha forma diferente de apender nunha tarde de luns!
Rosalía Fernández Rial fíxonos pasar unha tarde estupenda na biblioteca. Seguindo o fío das bibliotecas escolares deste ano, a escritura creativa, contamos a nosa propia versión do afundimento do mercante fruteiro Banora en Camariñas.
Ocorreu o 18 de novembro de 1965 e considerouse un naufraxio feliz en tanto que non houbo vítimas mortais e sempre se lembra a chegada ás costas de Camariñas e Muxía de 1.600 toneladas de laranxas, recollidas despois en carros, carretas e sacos polos aldeáns. As pequenas laranxas marroquís do Banora encheron os cabanotes das casas da zona. Por mor da masiva inxesta de cítricos houbo frecuentes diarreas entre a veciñanza e outra xente da comarca.
Pois ben, inspirándonos nesta historia, deunos tempo a crear o guion, ensaiar un pouco e baixar á emisora a gravar toda a ficción! Grazas a todas e todos por participar! Grazas, Rosalía, por compartir connosco esta tarde de luns diferente!