luns, 27 de febreiro de 2023

Club de lectura de familias

O luns 27 tivemos o noso club de lectura de familias de 18 h a 19 h na que intercambiamos opinións sobre a novela El jardín de Emerson. Valoramos moi positivamente a súa escritura aínda que a reflexión sobre a literatura e a memoria nos convenceu menos. Consideramos moi superior e a unha grande distancia Lluvia fina, todo un referente na narrativa castelá contemporánea. Como broche de ouro a esta sesión do club de lectura foi recibir a Chiki Fabregat ás 19.15 h. Benvida, Chiki!






Club de lectura: El cofre de Nadie, de Chiki Fabregat

Como antesala á chegada de Chiki Fabregat ao noso instituto quixemos facer un club de lectura cos alumnos e alumnas de 1º de ESO coa súa novela El cofre de Nadie, merecedora do premio SM Gran Angular de narrativa xuvenil 2021, de 15 a 16 h. Foi un club cargado de emoción e nerviosismo ante a inminente chegada da autora! 






domingo, 26 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Durante o recreo do venres 24 conmemoramos o Día de Rosalía coa versión de "Adiós, ríos, adiós, fontes". O acompañamento musical púxoo Antía de 1º A e as voces Ángela de 2º A e Irene de 4º A. Grazas a todas! 






Ímonos de voda!

Como o xoves da semana de Entroido nos pediu o Meco que viñésemos de voda, aproveitamos para facer unhas lecturas dramatizadas ante os micrófonos da biblioteca. As clases de 1º de ESO leron diferentes pasaxes de Tres sombreros de copa de Miguel Mihura e Bodas de sangre de Federico García Lorca durante a súa hora de lingua castelá. 

















 

Maleta viaxeira naturalista CEIDA

Chegounos a maleta viaxeira naturalista de CEIDA que a teremos desde o 15 de febreiro ata o 15 de marzo. Distribuíronse os seus libros nas aulas de 1º da ESO. Agora tedes máis onde elixir para a vosa hora de ler. 







 

Día de San Valentín






 

Día mundial da Radio

O luns 13 de febreiro, un grupo de alumnos de 3º A puideron conmemorar o día mundial da radio na emisora RadioVoz Bergantiños con Fran Rodríguez. Alí opinaron sobre as diferentes ligas de fútbol. Confiemos en que pronto poidamos xerar contidos desde a nosa emisora. Parabéns aos participantes!