mércores, 30 de outubro de 2024
Cinefórum: Tempos modernos (1936) de Charles Chaplin
martes, 29 de outubro de 2024
O MAGOSTO
Esta parrilla xa é un must no noso centro.
Celebramos onte a tarde o Magosto no noso centro, comendo castañas e pasámolo moi ben!!
sábado, 26 de outubro de 2024
O MAGOSTO
Queredes pasar un magosto no insti especial...? Temos moitas ideas, pero seguro que a vós se vos ocorren moitas máis.
Poñemos as castañas, a merenda e o ambiente, vós poñedes o resto!
luns, 21 de outubro de 2024
CONCURSO MICRORRELATOS DE SAMAÍN
Queres participar nun concurso de microrrelato de terror? Esta é a túa oportunidade de meterlle o medo no corpo a todo o instituto cunha historia breve, pero intensa.
Animámosvos a participar desde a biblioteca, onde poderedes entregar os vosos microrrelatos desde hoxe e ata o día 8 de novembro. Podedes entregalos tamén a través das vosas profes de lingua, pero lembrade ler ben as bases e seguir as instrucións porque haberá premios... terroríficos!
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para conmemorar este día, Antía Couisillas de 3ESO realizou este precioso cartaz que quedará na nosa porta durante todo o curso!!
Ademais, o alumnado de 1 ESO visitou a biblioteca para coñecela mellor en todos os seus aspectos, nunha das sesións de titoría.
Grazas a todos por vir e facer da visita un momento extraordinario!!
Grazas a todos por quere facer deste día unha data memorable!!!
xoves, 10 de outubro de 2024
10 de outubro: día da saúde mental:
Soraya Varela, desde a oratoria, optativa do alumnado de 3ESO e en colaboración coa biblioteca, dicidiron celebrar estedía tan importante con esta preciosa exposición. Para elo, o alumnado tivo que posar e sacar fotos para logo expoñer o traballo realizado.
Parabéns polo traballo realizado!!