martes, 21 de maio de 2024
Presentación Mar de crebas de Olga Rodríguez
Onte martes 21 de maio Olga Rodríguez presentou o seu libro Mar de crebas na nosa biblioteca, iniciativa que contou coa colaboración da concellaría de Educación e Cultura.
A exdirectora do CEIP Milladoiro fixo un discurso emotivo ante os que foron os seus alumnos no que explicou a orixe do libro. Tras o acto, a concelleira Noelia agasallou a cada alumno cun exemplar.
mércores, 15 de maio de 2024
XVI Xornada de Clubs de lectura
O martes 14 de maio celebráronse as Xornadas de Club de lectura na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Viñemos con algunha idea nova para dinamizar os nosos clubs de lectura e tamén con varias recomendacións literarias que xa temos pedido na libraría Miguens.
Novidades
Esta semana incorporamos ao catálogo de biblioteca as novelas de Ana Huang, autora de éxito de ficción sentimental, petición dunhas alumnas de 3º e 4º de ESO.
luns, 13 de maio de 2024
Letras Galegas 2024
Dentro das actividades da biblioteca houbo varias actividades en torno á figura de Luísa Villalta, non só durante esta semana senón tamén durante o mes de abril: creación de murais de cartaces coloridos, recitados de poemas, a creación da ficción sonora "Entrevista aos personaxes teatrais de Luísa Villalta" na radio da biblioteca escolar, salientando así o seu teatro, por ser esta unha das súas facetas menos coñecidas, alén da poesía.
Club de xadrez
Onte luns, 13 de maio, houbo na biblioteca outra sesión do club de xadrez, dentro das actividades do club de ciencias, coa profesora Edda Beltrán de 15 a 16.15 h. Antes de aprender novas estratexias de xogo, puidemos intercambiar con eles opinións na nosa radio escolar.
venres, 10 de maio de 2024
A maleta azul de Emma Pedreira
O venres 10 de maio tivemos na bibilioteca municipal Eduardo Blanco Amor o recital poético de Emma Pedreira no que nos amosou o contido da súa maleta azul.
Emma gañou no ano 2009 o certame de poesía erótica Caldeirón aquí en Malpica. Daquela o accésit recaeu en Paco Souto e onte acompañounos a súa viúva Emma Abella, quen recitou o considerado mellor poema do mundo escrito por Emma Pedreira. A cadeira valeira entre as dúas Emmas era a de Paco Souto.
Coincidiu a visita da poeta coa exposición procedente da fundación Juana de Vega, figura histórica sobre a que Emma Pedreira escribiu conxuntamente con Marilar Aleixandre o seu ensaio en Galaxia.