Esta semana tivemos a nosa primeira sesión de club de lectura co alumnado de 4º de PDC na que valoramos moi positivamente o conxunto de relatos A parte dos anxos, de Emma Pedreira, con ilustracións de Carlos Lago, moi acaecido para estas datas de Samaín-Defuntos.
mércores, 30 de outubro de 2024
Club de lectura: A parte dos anxos de Emma Pedreira
Ademais, ao fío das historias creamos a nosa propia historia en grupos de dous ou de tres inspirándonos nas imaxes de Carlos Lago.
Cinefórum: Tempos modernos (1936) de Charles Chaplin
Hoxe houbo a nosa primeira sesión de cinefórum dedicada a ver e valorar a longametraxe clásica Tempos modernos (Modern Times, 1936) de Charles Chaplin co alumnado de 4º de PDC. Esta sesión reforza de xeito ameno os contidos da revolución industrial vistos na materia de Ámbito sociolingüístico.
martes, 29 de outubro de 2024
luns, 21 de outubro de 2024
CONCURSO SAMAÍN:
Queres participar nun concurso de microrrelato de terror? Esta é a túa oportunidade de meterlle o medo no corpo a todo o instituto cunha historia breve, pero intensa.
Animámosvos a participar desde a biblioteca, onde poderedes entregar os vosos microrrelatos desde hoxe e ata o día 8 de novembro. Podedes entregalos tamén a través das vosas profes de lingua, pero lembrade ler ben as bases e seguir as instrucións porque haberá premios... terroríficos!
Día das bibliotecas (24 outubro 2024):
Para conmemorar este día, Antía Couisillas de 3ESO realizou este precioso cartaz!!
Ademais, o alumnado de 1 ESO visitou a biblioteca para coñecela mellor en todos os seus aspectos, nunha das sesións de titoría.
Grazas a todos por vir e facer da visita un momento extraordinario!!
Tamén, para darlle emoción ao tema, a nosa compañeira, Soraya Varela, desde oratoria, e colaborando coa biblioteca quiso expresar estes sentimentos co alumnado de 3ESO.
Grazas a todos por quere facer deste día unha data memorable!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)